miércoles, 30 de enero de 2019

Xogos para o patio.

   Carla Horta, a profesora de inglés, elaborou con material de refugallo xogos moi divertidos para o patio.
Con envases de plástico e unha caixa fixo un minigolf moi colorido. Rescatou libros fóra de uso da biblioteca do cole e traduxoos ao inglés para fomentar a lectura neste idioma. E tamén elaborou un futbolín a partir dunha caixa de madeira co que pode xogar todo o alumnado do centro . Os fíos, pedras, pinzas e paus sírvennos para facer xogos moi divertidos.






































lunes, 28 de enero de 2019

Alumnado de 1º creando.

  
   Do "país da reciclaxe" apareceron en 1ºB o marcianiño Brais Rey Coiradas, coa súa nave espacial feita con pratos, botellas e moito colorido;  a granxeira Antía Saavedra Caamaño coas súas mascotas a abelliña, a bolboreta e o polbo, feitas con cartóns e moito agarimo; e o florista Daniel Tomé Rúa cunha margarida vermella feita ca boca dunha botella.



Repasamos as 3 R

   Hoxe disfrutamos no colexio da visita de Maira Moure , técnica da sociedade SOGAMA, cunha actividade ofertada por esta entidade pública. Da súa man, fixemos un interesante repaso de como debemos de separar os resíduos correctamente; ofreceunos moita información, resolvemos dúbidas e, o máis importante, motivounos a seguir coa nosa labor de aprender a reciclar cada vez mellor. Lembremos que isto é responsabilidade de todas e todos!!

Deixámosvos uns enlaces para investigar...
Cómo reciclar? 


domingo, 27 de enero de 2019

"O cine ponnos verdes"

   O luns 21 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria xunto cas nosas titoras fomos o Auditorio de Galicia en Santiago para ver unha sesión  "O CINE PONNOS VERDES"  falamos de ecoloxía, de concienciación medioambiental e de como coidar a nosa contorna e así o noso futuro.
   Por medio de distintas pezas audiovisuais tratamos temas como a contaminación dos océanos, as especies animais en perigo de extinción, a necesidade da reciclaxe ou os perigos do cambio climático, nunha sesión que contou cunha presentación introdutoria da temática da mesma como fío condutor.












Trueque das alumnas de 6º

    Un grupo de alumnas de 6º de Primaria puxéronse mans a obra ca súa iniciativa, reutilizar papel elaborando figuras empregando a técnica da papiroflexia para logo canxealas no recreo por tapóns de plástico. Chicas emprendedoras!



Nadal

   Decoramos os corredores do centro empregando material de refugallo. Na aula de PT levaron a cabo varios obradoiros, onde o alumnado de primaria traballaron entre outros obxectivos a motricidade, a responsabilidade, o traballo cooperativo, a diversión, buscando potenciar tamén a imaxinación do alumnado utilizando material cotiá, barato e sinxelo. Educando ao alumnado en valores e concienciándoos sobre a importancia de coidar o medio ambiente e aproveitar e reutilizar os obxectos. Na aula de Arts aproveitaron os cds que xa non eran útiles para decoralos con purpurina e adornar a árbore de nadal da entrada do cole. A volta das vacacións de Nadal Rubén de 4º sorprendeunos cunhas cadeiras mais que maxestuosas que seu pai aproveita de facer mentras saborean o cava tan típico nestas datas.
  






Día da non violencia de xénero

   Todo o alumnado do centro escribeu nunha cinta de raso unha frase ou palabra para confeccionar unha pulseira previo traballo na aula deste tema. Despois repartímolas por: Concello, Casa Cultura, Centro Médico e piscina para que todos/as puideran coller unha. O alumnado ademais trouxo un par de zapatos que non empregaran para colocar uns carteis con mensaxes, letras de cancións que logo se repartiron polos pasillos e escaleiras do colexio.
Aproveitamos que temos megafonía para escoitar cancións que fan referencia a violencia de xénero.



Illas de reciclaxe e composteiro.

   SOGAMA enviounos illas de reciclaxe para poder recoller o lixo unha vez clasificado nas aulas. Para o papel e o orgánico temos dentro do recinto escolar contedores grandes nos que cada aula pode vaciar, para o amarelo cada titoría de primaria de xeito rotatorio encargarase de levar o xerado a contedores que se atopan nas proximidades do centro xa que non é posible telos dentro do recinto.
   Tamén nos facilitaron un composteiro, de xeito que podemos aproveitar os desperdicios xerados nas merendas e no comedor para fabricar compost.
   No edificio administrativo tamén temos un colector onde recollemos tapóns para causas solidarias.















Concurso Pilabot

    A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoveu esta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.
    Así nace o Concurso Pilabot, no que se repartirán catro premios entre os centros educativos que máis pilas recollan. O 21 de xaneiro viñeron recoller os 4 contenedores que encheramos e conseguimos un total de 381,76 kg. Todo un éxito!!



Mercadillo solidario.

O pasado curso xa se levou a cabo esta iniciativa proposta polo equipo de biblioteca do colexio. No proceso de recolocación e rexistro da bibliografía das bibliotecas de ambos centros educativos fusionados realizáronse labores de expurgo e este material bibliográfico decideuse canxealo por alimentos que logo foron entregados a Cáritas do noso concello.

Plan Proxecta "Recíclate con SOGAMA"

    Este curso 2018/19 o CEIP Plurilingüe de Outes está inscrito no programa "Recíclate con SOGAMA" que é un programa integrado no Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos. Este programa céntrase no fomento da recollida selectiva de residuos a través das illas de reciclaxe e o composteiro que SOGAMA facilitou os centros que participamos neste proxecto. Pretendemos desenvolver un proxecto educacional para sensibilizar e concienciar a toda a comunidade educativa no respecto do medio ambiente e en especial a recollida de lixo.
   Os residuos urbanos constitúen unha das principais ameazas medioambientais ás que debemos facer fronte. Todos e todas, sen excepción, producimos refugallos e, ademais, facémolo a diario, sen ser conscientes do dano que estamos a ocasionar ao planeta no que vivimos. Non podemos permitir que o lixo prexudique a nosa contorna e que acabe afectando á nosa saúde, ao noso benestare á nosa economía. É hora de camiñar neste sentido!




Cun video vamos a facer un rápido e atractivo repaso do que significan as 3 R.
  Clica aquí se queres ver o video.