miércoles, 27 de febrero de 2019

Charla técnicos forestais.

   Hoxe o alumnado de 4º de Primaria puidemos aprender moitas cousas da man de 4 técnicos forestais que visitaron o noso centro. Explicaronnos en que consistía o seu traballo, do coidado do bosque, os perigos dos incendios e con que medios os combaten. Fixemos un percorrido pola flora e fauna da nosa zona e temos entre todos e todas coidar o entorno con respecto polo medio ambiente.




martes, 26 de febrero de 2019

Rosalía de Castro

   Con motivo da celebración o 24 de febreiro do día de Rosalía de Castro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria investigaron sobre a vida e obra dela. Estes días están percorrendo as aulas de todo o cole para expoñer un breve resumo. Como queremos dar un pequeno agasallo simbólico, elaboramos unhas rosas cos canutillos do papel hixiénico, cartóns de anuncios, cartóns de embalar e papel de xornal para deixar así unha en cada aula.




Os Bolechas visitan o CEIP de Outes!

   Convertidos no equipo dos "ELECTRECOS", os Bolechas xogan, cantan e rin cos nenos e nenas de 1º e 2º para explicarlles todo sobre os R.A.E.E. (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos).
Aprendizaxe e diversión collidos da man para coidar o medio ambiente!






lunes, 25 de febrero de 2019

Un mar de plástico!!

O alumnado de 5ºB traballaron na aula sobre a problemática que está a xerar a contaminación das augas co plástico e a repercusión que xa está tendo no medio ambente. De seguro que poderemos reducir a cantidade que xeramos e para elo primeiro vamos a ser conscientes. O CEIP de Pedrouzos tivo unha idea que nos parece superpráctica e visual e que vamos a aproveitar que é poñer unhas caixas onde o alumnado deberá ir depositando os diferentes envases que empregamos cando traemos a merenda. Posiblemente lle teriamos que dar unha voltiña a como poder reducir este lixo.


jueves, 7 de febrero de 2019

Buxainas

Rubén de 4ºB trouxo ó colexio un xoguete elaborado con material reutilizado, buxainas. Só precisa de dous tapóns de botella, quéntanse para poder darlle forma e únense cun anaquiño de cinta illante. De seguro que te animas a facer unha!



Biblioteca

   Como non podía ser doutro xeito, na biblioteca hai un recuncho cunha selección bibliográfica onde podemos investigar e informarnos sobre esta temática.



martes, 5 de febrero de 2019

Reutilizar é máis que práctico!

O alumnado de 5ºB xunto ca súa titora Ana Bermúdez atoparon unha solución o ruido que fan as cadeiras o movelas. Empregaron para elo pelotas de padel que xa non valían para xogar e.... déronlle unha segunda vida. Toda unha ocorrencia!!