jueves, 14 de marzo de 2019

Un foguete espacial chegou ás aulas de Infantil!


As aulas de 5º B, 6º A e 6º B de Educación Infantil están a investigar o Universo coa axuda dun dinosauro astronauta chamado Joseíño. Tras seguir unha serie de pistas polo centro, os nenos e nenas conseguiron chegar ata o foguete espacial que lles deixou o dinosauro astronauta para facer viaxes e acompañalo na procura dos seus amigos os dinosauros desaparecidos.
O foguete espacial, elaborado polas mestras titoras Lorena, Sandra e Lidia coa colaboración das súas familias, está construído con cartóns reciclados, rolos de papel de cociña, tapóns de tetrabricks, interruptores, un teclado de ordenador reutilizado, envases de iogures e unha moqueta. A creación desta nave foi pensada como un elemento didáctico e fonte de motivación para afondar nos contidos vencellados ao Universo.




viernes, 8 de marzo de 2019

Un partido polo planeta

   Un partido polo planeta é un xogo creado pola empresa SOGAMA para o alumnado de Primaria. Aprendemos xogando ou, se se prefire, xogamos aprendendo.
   Todos os contidos van dirixidos a explicar a importancia dunha xestión responsable dos residuos urbanos e do importante papel que temos cada un de nós á hora de mellorar o noso entorno máis inmediato e contribuír así a un cambio máis global.




miércoles, 6 de marzo de 2019

Entroido

   Pedimos a colaboración das familias elaborando nas casas o disfraces do alumnado con material de refugallo ou reutilizando. Dende logo que o inxenio e creatividade das familias lograron sorprender o público que poido disfrutar do desfile polo pobo. O que se pode crear reutilizando...