domingo, 28 de abril de 2019

Presentamonos a concursos de debuxos.


   Chegounos información de outros 2 concursos onde a creatividade e a concienciación co coidado do medio ambiente no referente o lixo que xeramos van da man e non queremos desaproveitar esta ocasión para traballar o tema da reducción, reutilización, reciclaxe e economía circular co noso alumnado.


* Dentro das accións de sensibilización cara á cidadanía para a redución do consumo de bolsas de plástico dun só uso, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia convocou un concurso para elixir o deseño de bolsas de merenda escolares confeccionadas con tea.

Clica aquí para obter máis información.



* A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lanza un concurso de debuxo para concienciar aos escolares galegos sobre a reciclaxe dos aparellos electrónicos, tanto para garantir a saúde do planteta como pola nosa propia saúde.


miércoles, 10 de abril de 2019

Creando co refugallo recollido na praia. "O mar vence ao plástico"


    A obra de arte “O mar vence ao plástico” foi elaborada polo alumnado de 4º, 5º e 6º cursos do CEIP Plurilingüe de Outes. A idea, deseño, pintura e execución foi enteiramente levada a cabo polo alumnado, guiados polo mestre de Plástica do centro
    Os materiais utilizados para a realización da obra proceden dunha actividade de limpeza de praias, realizada polo alumnado de Infantil do centro na praia de Broña. Hai preparadas outras saídas de limpeza para outros niveis do centro e pensamos seguir usando o refugallo para crear arte.
   As técnicas utilizadas foron a pintura con acrílicos e témpera, o pegado de elementos con pistola de silicona quente, o atado…
   Os materiais utilizados para a base da obra foron un palet reciclado e dúas pranchas de poliestireno pintadas. O mar realizouse en papel maché, reutilizado tamén de papel usado na aula de plástica. A serea está composta de elementos naturais, por oposición ao monstro de plástico, tales como madeira, cunchas, piñas, palla e corda. O monstro está feito enteiramente de plástico sacado da praia. (tubo de goma, garrafa plástica, un tambor de plástico, redes, botellas, palliñas…)









+

sábado, 6 de abril de 2019

Economía Circular.

    Este mércores 3 de abril veu ao colexio Benito García Carril, xornalista especializado no medio ambiente, veu a dar unha charla sobre economía circular. Asistiron o alumnado de 5º e 6º de Primaria acompañado polos seus titores/as.
   Pero, que é iso de economía circular?. O ponente fixo reflexionar á rapazada sobre a reciclaxe, a reutilización e a reducción de residuos, que ata o de agora víñase facendo dunha forma lineal para tentar facelo dunha maneira circular.
   A charla tiña como finalidade que os rapaces e rapazas se concienciaran en facer un mundo máis sostible, aproveitando ben os recursos naturais e minimizando a "porquería" que os humanos estamos xerando día a día dunha maneira incontrolada.