domingo, 12 de mayo de 2019

Horto no patio do cole.

   O ter un composteiro no cole foi a gota que colmou o vasiño das ganas que tiñamos de ter o noso propio horto. Animámonos e.... valeu máis que a pena, pouco a pouco vamos vendo os progresos e coma non... témolo que coidar con moito agarimo!







Separadores para a biblioteca

Na aula de 1ºA decicimos que sería unha boa idea reciclar as caixas dos folios que empregamos no colexio para imprimir dándolle unha nova utilidade. Neste caso, elaboramos uns separadores para empregar na biblioteca. A idea consiste en deixar o separador no lugar do libro antes de retiralo do estante no que está, así cando devolvamos os libros saberemos o lugar exacto onde estaba. Cada alumno/a decorou o seu separador incluíndo en todo caso o seu nome para poder diferencialos. O cartón ao ser un material duro e groso poderá durarnos moito tempo e, así, evitamos usar outro tipo de material máis endeble que precise ser plastificado. Deste xeito, contribuímos a reducir o uso do plástico.
 

Medios de transporte

A rapazada do colexio de Outes non para de sorprendernos! Nesta nova entrega o alumnado de 1ºA de educación primaria elaborou con material de refugallo diferentes medios de transporte para viaxar por mar e aire.
Manuel Outón Cernadas deslumbrounos co seu cohete espacial para viaxar a Lúa, o satélite dos 28 días. Martín Castro Fernández elaborou unha barca cunha única botella de plástico. Andrea Creo Tomé impresionounos coa súa nave espacial feita de cartón, plástico e papel. Por útlimo, Gabriel Amado García elaborou un impresinonante barco vikingo, que de seguro nos servirá para desembarcar na próxima festa vikinga de Catoira.
Este é un exemplo de como as xeracións máis novas van tomando conciencia da regra dos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar. Parabéns polo traballo realizado!