miércoles, 10 de abril de 2019

Creando co refugallo recollido na praia. "O mar vence ao plástico"


    A obra de arte “O mar vence ao plástico” foi elaborada polo alumnado de 4º, 5º e 6º cursos do CEIP Plurilingüe de Outes. A idea, deseño, pintura e execución foi enteiramente levada a cabo polo alumnado, guiados polo mestre de Plástica do centro
    Os materiais utilizados para a realización da obra proceden dunha actividade de limpeza de praias, realizada polo alumnado de Infantil do centro na praia de Broña. Hai preparadas outras saídas de limpeza para outros niveis do centro e pensamos seguir usando o refugallo para crear arte.
   As técnicas utilizadas foron a pintura con acrílicos e témpera, o pegado de elementos con pistola de silicona quente, o atado…
   Os materiais utilizados para a base da obra foron un palet reciclado e dúas pranchas de poliestireno pintadas. O mar realizouse en papel maché, reutilizado tamén de papel usado na aula de plástica. A serea está composta de elementos naturais, por oposición ao monstro de plástico, tales como madeira, cunchas, piñas, palla e corda. O monstro está feito enteiramente de plástico sacado da praia. (tubo de goma, garrafa plástica, un tambor de plástico, redes, botellas, palliñas…)









+

No hay comentarios:

Publicar un comentario